Festa RDS

Xoves 5 de Maio no Patachim ás 23:00h

No marco das “Quintas electrónicas” do Patachim

>Fake Robotike8Z8

minimal www.myspace.com/8z8

>Txarlie NG Dj

ragga*jungle

+visuais

Manifestacion Galiza non se vende

A rede Galiza Non Se Vende convídavos a participar na manifestación que se celebrará o próximo 8 de maio en Compostela, as 12 na Alameda. Os 60 colectivos que a forman continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. Vente expresar con nós por unha Galiza mellor.
CONTRA O SAQUEO SOCIOAMBIENTAL DA NOSA TERRA!!!

* Haberá concerto as 17 horas na Sala Nasa con Berrobambán, Guintervan e GalegoZ

Por unha utilización racional dos recursos naturais

Pola protección do patrimonio natural e histórico

Por unhas rías limpas

Por uns ríos vivos

Pola defensa da nosa soberanía alimentaria

Por un litoral público e natural

Por un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura

Por uns montes ben xestionados

Pola participación da cidadanía na xestión do noso

Por unha xustiza incorruptible

Polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza

Por un transporte colectivo eficaz

Por unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes

Por unha xestión responsable dos residuos

Polo fortalecemento do rural e a economía social na Galiza

VENTE EXPRESAR CON NÓS

As grandes superficies comerciais: realidade e consecuencias

…ante intento de construir a marca Coruña, como cidade Centro Comercial, ante a insensata apertura do monstro Marineda City a RDS lanza este manifesto…


13 pasos que destrúen a cidade

1. Especulación:

A apertura de grandes superficies comerciais ten suscitado operacións de especulación inmobiliaria do solo. É habitual que a aparición dun centro comercial estea precedida de operacións de compra-venta de terreos ou bens inmobles coa  intención especulativa de revendelos posteriormente.

2. Corrupción:

Estes procesos de especulación inmobiliaria veñen acompañados de posibilidades para a corrupción urbanística e o abuso de poder por parte de cargos e funcionarios públicos que, ligados á iniciativa privada de grandes grupos económicos aproveitan a falta de planificación urbana e a ambivalencia das normativas para o enriquecemento privado. A pouca transparencia destas prácticas suxire indicios de filtracións de información privilexiada desde as administracións públicas cara aos lobbies económicos da construción e a xestión comercial a grande escala.

3. Malversación:

Só mediante un investimento inadecuado de caudais públicos pódese dotar a estas iniciativas privadas das infraestruturas que precisan para a súa actividade. A grande cantidade de fondos públicos empregados en dotar de infraestruturas e servizos ás grandes superficies comerciais de beneficio privado chocan claramente coa concepción da inversión realmente pública.

4. Economía deslocalizada:

Lonxe de xerar riqueza local, os fluxos económicos das grandes superficies comerciais son un claro exemplo da nocividade do mercado globalizado; empresas de tributación desequilibrada que non crean riqueza localmente. Grandes superficies que capitanean a economía neoliberal concentrando a riqueza nunha sorte de novas elites locais e destruíndo o tecido económico consolidado da cidade.

5. Destrución do pequeno comercio:

As grandes superficies comerciais imposibilitan a pervivencia dos tecidos de pequena produción e consumo, agrandando as dificultades que o pequeno comercio ten para a súa supervivencia nos barrios. Debilitan as redes de economía doméstica e destrúen os mercados locais, funcionando como auténticas apisoadoras monopolistas. As grandes superficies comerciais empregan técnicas abusivas para eliminar o tecido de pequeno comercio de proximidade.

6. Precariedade laboral:

As grandes superficies comerciais son espazos onde o traballo precario adquire un carácter hexemónico. Contratos lixo, horarios abusivos, salarios de moi baixa cuantía, intermitencia e temporalidade na contratación, elevadas doses de presión laboral e risco nas condicións de saúde laboral, son algúns dos síntomas causados polo modo de
explotación que padecen as persoas que traballan nelas.

7. Consumo irresponsábel

O sistema de consumo potenciado polas grandes superficies comerciais dista moito da sustentabilidade económica, social ou medio-ambiental. Algúns indicadores que apoian a anterior reflexión poden ser: a baixa calidade e os deficientes sistemas de fabricación da maior parte dos produtos á venda; a desequilibrada e inxusta relación económica entre o produtor os intermediarios e o vendedor final; o déficit ecolóxico dos procesos de fabricación; a prevalencia das grandes marcas; etc…

8. Homoxeneización:

O tipo de ocio e consumo preponderante nas grandes áreas comerciais estandariza as influencias e os gustos culturais, impoñendo cánones estéticos a toda a cidadanía e eliminando a diversidade. Unha homoxeneización favorecida pola concentración nestas grandes superficies comerciais de empresas multinacionais que aplican patróns de produción e venta baseados nas formas e tendencias empresariais da cultura dominante.

9. Privatización da cidade:

En esencia o espazo público é aquel que se goberna de maneira pública. Converter os lugares de relación comunitaria, de natureza pública, en espazos de xestión e control privado, limita o desenvolvemento comunitario ao tempo que empobrece a vitalidade da cidade. A heteroxeneidade na composición e uso da cidade é un dos grandes valores no análise da súa riqueza, xa que potencia a solidariedade entre as persoas e o desenvolvemento de valores de xustiza social. Dita heteroxeneidade desaparece en espazos privados, onde se impón o dereito de admisión reservado.

10. Segregación:

As grandes superficies comerciais son espazos privados entregados a políticas de control que levan implicita a exclusión de determinadas capas da poboación. Migrantes sen papeis e persoas en situación de exclusión social son sistematicamente seguidas e perseguidas, cando non expulsadas destes centros de consumo e privatización do ocio.

11. Xentrificación:

A planificación e apertura dunha grande superficie comercial ven acompañada dun proceso de transformación urbana e social no que a poboación orixinal dunha veciñanza ou barrio é progresivamente desprazada por outra de maior nivel adquisitivo rematando así cun tecido social consolidado a través dos anos e construíndo auténticas barreiras de fragmentación urbana.

12. Mobilidade:

As grandes superficies comerciais destrúen os equilibrios da cidade, impoñendo modelos de mobilidade dependentes do vehículo particular. A nova disposición urbana que determinan os centros comerciais, empeoran un modelo de saturación automobilística xa de por si desequilibrado .

13. Perda de urbanidade:

A zonificación de usos na cidade que supón o traslado da actividade comercial á súa periferia, conleva unha perda de vitalidade do espazo público tradicional. A riqueza das rúas vese mermada polo peche dos seus comercios, facendo do percorrido peonil das mesmas unha experiencia máis monótona e falta da tranquilidade que outorga o espazo habitado.

Xosé Allegue. Corrupción e Urbanismo

Dende o punto de vista dos feitos urbanos, a construcción de cidades e territorios máis libres e habitables distingue ás sociedades que identificamos como avanzadas nos momentos históricos onde a conciencia cívica e o compromiso social se incorporaron nelas como impulsores da súa mellora social. Cando a sociedade é participe da transformación do lugar no que se desenrola é posíbel acadar un espazo de convivencia, se a construción da cidade e do territorio se deixa en mans duns poucos, e si estes usana para beneficio propio, o resultado é a desaparición da conciencia cívica e a destrución do tecido social, o que acaba por reflectirse no desorde territorial e na segregación urbana.
Falar hoxe da corrupción que arrodea aos procesos de construción do territorio é falar do fin do urbanismo, porque as regras que o lexitiman deixan de basearse na integración territorial e na mellora da habitabilidade. Por iso, reflexións coma esta de Xosé Allegue son importantes para achegarnos ás causas dos trocos que estamos a vivir, e escomezar a pensar en propostas de rexeneración democrática que devolvan as cidades aos cidadáns.

Reproducimos o video da conferencia do arquitecto e profesor Xosé Allegue, do pasado 15 de Marzal:

CORRUPCION e URBANISMO. Conferencia-parte1 from edicions espontaneas on Vimeo.

CORRUPCION e URBANISMO. Conferencia-Parte2 from edicions espontaneas on Vimeo.

CORRUPCION e URBANISMO. Conferencia-Parte3 from edicions espontaneas on Vimeo.

fonte: edicións espontáneas

Dereito a cidade / urbanismo e corrupción

Segundo Francesco Kjellberg, a corrupçom é umha quebra nas normas legais
ou éticas non escritas relativas a como se debe exercer o servicio
público. Esta disfuncionalidade ten o claro obxectivo de proporcionar
servicios ou beneficios a certos grupos de poder de forma oculta, con
vontade de ganancia directa ou indirecta. Sen embargo, a quebra destas
normas conta cun apoio social amplo, as veces xeneralizado.
Tomando como punto de partida esta definición, Xosé Santiago Allegue
Fernández profundiza nas consecuencias deste tipo de prácticas no marco do
estado español e da Galiza: a destrución do territorio e o patrimonio
arquitectónico e natural; a mala xestión dos bens públicos; a devaluación
democrática ou a perda de calidade de vida da cidadanía.
Abordar o urbanismo desde o paradigma comúm do Direito a Cidade precisa
afrontar colectivamente o extendido problema da corrupción dotándonos de
ferramentas para articularnos en contra do expolio do común.

Xosé Santiago Allegue Fernández, Arquitecto, colabora con Verdegaia, SOS
Courel, e coa Plataforma Galiza Nom se Vende, en iniciativas pola defensa
do território, o património arquitectónico e o urbanismo e contra a
especulación imobiliária e a corrupción.

Nota pola orde de despejo do CSO Casa das Atochas

O anuncio da orde de despejo tomada polo julgado de instruiçom número 5 de A Corunha contra o CSO Casa das Atochas é sem dúvida umha pésima nova na agenda política da cidade.

< Unha mala nova porque significa que pretendem que um processo colectivo e autogerido de máis de 3 anos de vida, no que parte da cidadanía crítica colheu as rendas da gestom das dinámicas urbanas, seja submetido aos interesses do aproveitamento económico, da especulaçom urbanística e da mala planificaçom da cidade.
< Umha mala nova por lembrar-nos como os poderes públicos seguem empenhados em cercear
aqueles processos de criaçom de cultura autonóma que nom querem passar polo filtro da captura institucional.
< Umha mala nova por ser máis um exemplo de que a criaçom de espaços de alteridade organizativa, onde dar lugar a outras formas de vida, é constantemente perseguida desde umhas instancias públicas que se atopam mui longe de ser quem de comprender o valor da diversidade. Instancias públicas que sancionam a necesidade de experimentar novos modelos de existencia alem da supervivença quotidiana, longe do paradigma relacional capitalista.
< Umha mala nova por trazer de volta as nossas dificultades para
manter espaços colectivos de pressom politica com os que imponher a reflexom, nas instituiçons públicas máis próximas (a municipal, por exemplo..), ao redor da legitimidade ganhada desde abaixo por instituiçons autónomas e movimentos como os que derom lugar primeiro e vida depois a um espaço como a Casa das Atochas.
Finalmente, umha nova péssima, pero nom definitiva. De todxs nós depende ser quem de manter e reforçar espaços do comúm; ser quem, em definitiva, de recuperar territorios para todxs e construir lugares de acçom na cidade que ajudem a converti-la em espaço de direitos e valores com carácter realmente público.

Aqui, como no resto da geografía global:
“Nos tedes quitado demasiado, agora o queremos todo”

RDS A Corunha.

Repoducimos polo seu interesse dúas notas ao respeito:
Nota da Rede Galiza Non Se Vende, na que se integra a RDS: http://reganosademolizon.org/?p=757

Nota de Ergosfera: http://ergosfera.org/blog/?p=1767



Dereito á cidade: agresións ao territorio e cambio climático

'Dereito a Cidade'
"Agresións ao territorio e cambio climático"
Xoves 31 as 20:30 horas
Organiza RDS (Rede Dereitos Sociais)
http://rede.blogaliza.org/
Juan Ramón Vidal Romaní, Director do Instituto Universitario de Xeoloxía
Isidro Parga Pondal (UDC)
Lugar: CS Atreu! Travesia San Xosé 2, baixo. Monte Alto.

Cando falamos de Dereito a Cidade pensamos nun marco social igualitario
dentro de un ecosistema urbano habitábel. Poren, o plano de actuación do
modo de explotación capitalista está a modificar de forma radical e (as
veces) irremediábel o entorno que nos rodea.
Pero, están as modificacións do clima e o territorio poñendo en perígo
real o noso futuro colectivo? Até que ponto, unha cidade con un tecido
costeiro tan marcado, pode estar en risco ante as modificacións do clima e
o quencemento global? Como influén as actuacións de orixe artificial
(construccións e vivendas en liña costeira, recheos, infraestructuras,
alteracións de cursos e correntes,...) no escenario natural que habitamos?

Abriremos un fio de relato e debate con Juan Ramón Vidal Romaní que vaia
dende o xeral (o marco global) ao concreto (o caso de Coruña).

Juan Ramón Vidal Romaní é Catedrático de Xeoloxía na Universidade da
Coruña e colaborador con diversos estudos relativos as incidencias
do cambio climático e a súa relación co medio físico no planeta
e na Galiza.

Artigos relacionados:
xornal - plan litoral
la opinion - corta vida recheo praias
ivoox - ciclo cambio climatico
la voz de galicia - nacionalismo é xeoloxia
la voz de galicia - Carbono, cambio climatico e porvir da humanidade
Lagoa As Pontes:
Publico - pelea en Galicia pola construción dunha enorme lagoa
Courel:
paleorama - a cova do Courel
el progreso - dentro das entrañas do Courel

Resumo da presentación “Desexo de cidade: Arquitecturas revolucionarias”

DesexoCidade

Politica municipal e movementos sociais

Desde múltiples eidos dos movementos sociais temos discutido abondo sobre a relación entre a política de movemento e a política representativa de partido. Non obstante, eses debates teñen sido xeralmente en abstracto e, en grande medida por iso, a miudo non teñen ido mais alá de repetir, de maneira un tanto circular, un pequeno grupo de ideas forza, a modo de postulados básicos.

Se cadra este pode ser un bó momento para ir alén diso. Non tanto para discutir perpetuamente o si ou o non da relación entre movementos e política institucional, senón para pensar o como. Un momento para imaxinar como a política de movemento pode evitar a sua desactivación institucional, como os movementos poden penetrar a lóxica representativa intentando profundizar a apropiación colectiva do poder institucional, como, en fin, desde os concellos poden facer-se apostas non só de defensa do público, senón do común.

Como un momento para ese debate colectivo, o venres 18, ás 20:00 h., nos xuntamos na Casa Museu Casares Quiroga, abrindo o diálogo con algunhas preguntas a Gemma Ubasart, autora do libro “Construint municipi des dels moviments socials” e a Xosé Manuel Carril, candidato nas vindeiras eleccións municipais na Coruña.

Conclusións da xornada comunicacion e poder

Debate:

Como axentes políticos de base, desde a RDS compartillamos a preocupación polas constantes agresións que o direito a libre información está a sofrer no panorama occidental. Desde o local ao global, asistimos a concentración do poder mediático baixo o paraguas dos intereses de grupos de poder económico/financieiros que tratan de alterar a percepción da realidade nas sociedades contemporáneas. Este novo modelo informativo de guerra cultural comunicativa trata de construir marcos conceptuais onde desde o prisma informativo hexemónico se manexan sempre elementos que tratan de mostrar como única vía posibel o mantemento do status quo de organización social capitalista.

Poren, non cabe dúvida de que o cenario informativo global ten mudado de forma radical após a irrupción da comunicación telemática xeralizada. Internet ten revolucionado as relación entre persoas. Pero tamén está conseguindo transformar as asimétricas relacións entre sociedades civis e poderes soberanos.

A este respecto, desde que o soldado raso Bradley Manning superou os sistemas de seguridade do Pentágono usando apenas un CD e un lápis de memoria e filtrou información clasificada ao portal Wikileaks, a percepción masiva da realidade se ten transformado nas nosas sociedades ampliándose o descrédito cara os estados e as súas axencias diplomáticas.

  • Vivemos unha completa erosion da lexitimidade dos grandes medios de comunicación baixo o dominio absoluto dos discursos sistémicos.
  • Dentro do abano de medios convencionais están a aparecer fisuras; novos medios profesionais con fundamentos de xornalismo independiente http://www.propublica.org/ http://periodismohumano.com/ …
  • É preciso profundizar as alternativas comunicativas que ofrece a revolución 2.0 e compoñer un novo universo mediático colaborativo máis plural, participativo e democrático.
  • É o tempo de experimentar e por en marcha novas formas de revolta e organización social non baseadas nun centro definido.
  • E necesario comezar a pensar en novas formas de soberanía local (Islandia?) e de democracia radical.

Analises e algumhas propostas ao respecto nos audios que atoparás aquí:

>Audio 1_Xose Manuel Pereiro comunicacion e poder 1/5

>Audio 2_Roberto Brenlla comunicacion e poder 2/5

>Audio 3_Filipe Diez comunicacion e poder 3/5

>Audio 4_debate comunicacion e poder 4/5

>Audio 5_debate comunicacion e poder 5/5

Desaloxo en Penamoa

Desde a RDS reproducimos, polo seu interese, un artigo de Juan Aradas [http://asfes.org/] a modo de réplica ao artigo publicado pola portavoz do PSdeG Mar Barcon, en referencia ao desaloxo do bairro de Penamoa:

En relación ao artigo publicado por Mar Barcon o día 01 marzo de 2011 na sección de Praza Pública de La Voz de Galicia titulado ‘Penamoa’:

Resulta conmovedor ver como os políticos tentan resolver os problemas que eles mesmos crearon, refírome a Penamoa.

Este “problema” creado polo Concello a principios dos anos oitenta alberga a coruñesxs que tamén foron desaloxados das súas chabolas, naquel momento para abrirlle o camiño ao Corte Inglés. Foi o propio concello quen creou este gueto, para que de forma provisional puideran aloxarse estes coruñeses, e construíu unhas cuadras con tabiquería de bloque como peche e placa de uralita como tellado. A cuadra contaba con unha soa división e tiña un inodoro e un lavabo; non se entendeu precisa nin unha cociña nin unha ducha, aínda que fose de auga fría xa que carecían de un aquecedor, e con uns servizos precarios de luz e auga.
Os resultados son por todos coñecidos, este tipo de prácticas leváronse a cabo tamén na Sudáfrica do apartheid con semellantes resultados.
En resposta a ‘oda’ de Mar Barcón a señora Longuiera e a súa equipa direi que algo debeuse de facer mal nesta cidadá, a que todxs queremos, cando temos máis cidadáns que viven en chabolas que o resto das seis grandes cidades da Galiza xuntas e cando aínda fican tantas cuestións sen aclarar: que pasará con este 80% de familias de Penamoa que habitan eses pisos ‘normalizados’ cando rematen as subvencións temporais ao aluguer; ou é que van ser eternas? cando no seu artigo alude a persoaxes pintorescos refírese ao arquitecto que fixo o deseño dos ‘exitosos’ módulos habitacionais instalados no poboado e que a día de hoxe non se sabe nin que misión tiñan, nin canto costaron, nin canto cobrou o arquitecto, nin se eran móbiles ou non, nin se eran alugados ou comprados ou en empréstimo?… Non confundamos o silencio co escurantismo.
Tampouco sabemos que clase de bula ten a concellaría de Servizos Sociais para deixar tirado os residuos de pracas de ‘uralita’ que conteñen amianto, material altamente canceríxeno, poñendo en grave perigo a saúde de todxs xs cidadáns que viven en Penamoa e na súa cercanía e que a concellaría de Medio Ambiente mire para un outro lado.
Outro día, se vostede quere, podemos falar sobre A Pasaxe onde estes coruñeses viven como animais ou do Portiño, onde a súa provisionalidade acercase aos cincuenta anos ou da As Rañas, onde o ‘equipazo’ de Servizos Sociais deu unha lección de como dilapidar fondos públicos.
Un saúdo,
Juan Aradas

fotos : la opinion

Imaxes da presentación “Deseo de ciudad”

Comunicación e poder

'Wikileaks? CableGate? SindeGate? Revoluçons telemáticas?...
Que ten mudado o destape de secretos de Wikileaks na infoesfera?
até onde cambian as cousas fenómenos como o cablegate?
em que sentido modifica asrelacións entre estados?
e as relacións entre gobernos e sociedades civis?
como pode mudar a percepción cidadá da rede, do xornalismo, dos aparatos representativos?
....Lei Sinde, Julian Assange, caso Couso, CIA, Moldavia, Tunez, Egipto,..?"

"Comunicación e Poder"
::palestra/debate::
Coa participación de:
Xose Manuel Pereiro (Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia)
http://sihomesi.com/
Roberto Brenlla
http://brenlla.tegnix.com/
Filipe Diez
http://filipediez.blogaliza.org/
Xoves 24 de febreiro
20:00 no CS Atreu!

Organiza RDS [Rede Dereitos Sociais] http://rede.blogaliza.org/
Colabora: hacktreu! Hacklab do CS Atreu!

Desexo de cidade

Presentación do libro ‘Deseo de ciudad; Arquitecturas revolucionarias”
Falarán:
* Cristina García-Rosales
coordenadora do libro e participante de www.lamujerconstruye.org
* Juan Freire
autor de dous artigos www.nomada.blogs.com
* Fernando Cabal
editor www.fernandocabal.com

Introducción e moderación por activistas da RDS.

Debate: ‘A construcción cooperativa da cidade; a cidade por e para quen a habita’.

Xoves 17 de febreiro ás 19:00 horas na sala do COAG na Coruña. Rúa Federico Tapia 64, 62 baixo

Organiza: RDS [Rede de Dereitos Sociais] rede.blogaliza.org
Colabora: COAG. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

A Cidade Invisible

Documento resumo do acontecido na xornada ao redor da participación cidadá e as politicas públicas na cidade esquecida, celebrado en Xaneiro na delegacion da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
110129_a Cidade Invisible

organiza:
desescribir, obradoiro de arquitectura e deseño
colaboran:
Arquitectos sen Fronteiras
COAG delegacion coruña
Rede de dereitos sociais

Obradoiro de autoconstrucion no Campanario

Durante os ultimos meses de 2010 o estudio desescribir dirixiu un obradoiro de autocontrucion no barrio do Campanario. Aqui deixamos o trailer do documentario xenerado.

O Campanario (3’12”) from O Campanario on Vimeo.

>documentario completo
>entrevista a Ramón Pérez Basich
>blogue do obradoiro

Arquitecturas colectivas

Video da presentación da RDS no terceiro encontro da rede de arquitecturas colectivas celebrado este verán en Pasaia.

REDE DE DEREITOS SOCIAIS from Guillermo Cruz on Vimeo.

info

Denuncia da situación do poblado de As Rañas

A RDS (Rede de Dereitos Sociais) apoia a denuncia elaborada por Arquitectos Sen Fronteiras na Corunha ante a insostíbel situación das persoas residentes en As Rañas.
É xusto denunciar que o nefasto desenvolvemento dos acordos municipais de 2007 (no que estaba prevista a rehabilitación de 19 infravivendas, a urbanización da zona e a recuperación de espazos públicos para a veciñanza) impediu o materialización real do plano apresentado públicamente -con grande sona mediática- pola Concellaría de Servizos Sociais como a solución definitiva para o poboado de As Rañas.
É preciso denunciar colectivamente, desde o movimento social e veciñal, as fraudulentas políticas públicas que desde a Concellaría de Servizos Sociais, coa súa concelleira Silvia Longueira a cabeza, están a imposibilitar o normal desenvolvemento dos veciños e veciñas de As Rañas e o seu total acceso a dereitos básicos de ciudadanía. Finalmente, o sucedido en As Rañas é máis un exemplo de unhas políticas sociais profundamente irresponsábeis, insolidarias e que son parte de unha idea de cidade fundamentalmente neoliberal.
Por unha cidade para todas e todos, polo Direito a Cidade.

el pais

el ideal gallego

la opinion

xornal

la voz


101218_Manifiesto 2010_Galego
101218_Documentación complementaria

Obradoiro de autoconstrución no Campanario

Obradoiro de autoconstrucción realizado polos habitantes do barrio do Campanario, coa axuda de desescribir. O obradoiro está financiado polo fondo estatal de emprego e sostenibilidade local, e xestionado pola Concellería de Rehabilitación do Concello de A Coruña.


A raíz dunha primeira intervención no barrio a concellería de Rehabilitación do Concello da Coruña encargoulle ao estudio desescribir desenvolver un novo obradoiro cos veciños do Campanario co fin de mellorar as súas vivendas, as cales se atopan nunhas condicións moi precarias con repercusións negativas para os seus habitantes tanto a nivel de saúde como de seguridade. Dende o estudio elaboraron o plan da actuación, que foi aprobado polo Concello. Establecéronse catro categorías de intervención de maior a menor urxencia:

– Seguridade dos ocupantes (estrutural; nas instalacións eléctricas; nas instalacións de gas; ante os desprendementos)

– Salubridade (filtracións de humidade: cubertas, carpinterías e fachadas; ventilación / iluminación de estanzas)

– Confort (carencias en equipamentos -baños, cociñas-; illamento térmico)

– Xerais (pintura; limpeza)


Neste bloque podese seguir a evolución do proceso e os traballos levados a cabo.

http://ocampanario.wordpress.com/

Palestra contra as minas da Terra Cha

A problemática da agresión á vida e ao territorio na Terra Cha

Falarán
-Carlos Montero, Portavoz da Comisión de Asociacións en contra das Minas da Terra Cha
-Margarida Prieto Ledo Coodenadora Comarcal do SLG
Xoves 8 de xullo
20.30 horas
CS Atreu!

“Non teño este lugar por mellor do mundo, só o teño polo da miña nacencia e o da miña estirpe. El me deu, a el me debo”
(Xabier Docampo)

http://minasterracha.blogspot.com/