Imaxinario / Quen somos?

A rede de dereitos sociais [RDS*] é un espazo de análise crítica e de acción directa sobre o entorno social e o ecosistema urbano que nos rodea.

A RDS* é un proceso aberto, constructivo e integrador adaptado á realidade que vivimos, e polo tanto, en contínua mutación.

A RDS* é un proxecto colectivo baseado na autonomía política, que busca articularse para a construcción de contrapoderes sociais radicalmente transformadores.

A RDS* é unha ferramenta en defensa do común que busca reconquistar o público e restituir dereitos sociais.

A RDS* é parte da sociedade civil activa que entende a presión política e o conflicto social no espazo público como motores precisos para mudar de forma radical os asimétricos marcos sociais contemporáneos.

A RDS* é un espazo onde articular novas formas de organización. Conscientes de que o sistema representativo de partidos está obsoleto e esclerotizado, propoñemos -no local e no global- novas formas de democracia participativa ao marxe dos modelos de organización capitalista.

A RDS* é tamén unha plataforma comunicativa, de visibilización de desequilibrios no noso entorno, así como de proposta de alternativas, co fin de incentivar unha conciencia común crítica e desexante de cambio.

A RDS* é suxeito activo nun territorio metropolitano concreto (A Coruña); como actor político a RDS é sensibel e comprometida coa realidade social e cultural do pais.

A RDS* é un grupo que traballa por unha modificación decrecimentalista do noso hábitat, mediante procesos comunitarios e colaborativos; loitamos polo dereito á cidade, unha cidade de dereitos para todas, coa xustiza social como máxima.