Archive for the 'RDS' category

Festa RDS

Xoves 5 de Maio no Patachim ás 23:00h No marco das “Quintas electrónicas” do Patachim >Fake Robotike8Z8 minimal www.myspace.com/8z8 >Txarlie NG Dj ragga*jungle +visuais

Manifestacion Galiza non se vende

A rede Galiza Non Se Vende convídavos a participar na manifestación que se celebrará o próximo 8 de maio en Compostela, as 12 na Alameda. Os 60 colectivos que a forman continúan a diario a loitar, resistir, traballar, arelar, formular, construír, informar, concienciar a favor da nosa terra e na procura de dignidade e equidade. […]

As grandes superficies comerciais: realidade e consecuencias

…ante intento de construir a marca Coruña, como cidade Centro Comercial, ante a insensata apertura do monstro Marineda City a RDS lanza este manifesto… 13 pasos que destrúen a cidade 1. Especulación: A apertura de grandes superficies comerciais ten suscitado operacións de especulación inmobiliaria do solo. É habitual que a aparición dun centro comercial estea […]

Xosé Allegue. Corrupción e Urbanismo

“Dende o punto de vista dos feitos urbanos, a construcción de cidades e territorios máis libres e habitables distingue ás sociedades que identificamos como avanzadas nos momentos históricos onde a conciencia cívica e o compromiso social se incorporaron nelas como impulsores da súa mellora social. Cando a sociedade é participe da transformación do lugar no […]

Dereito a cidade / urbanismo e corrupción

Segundo Francesco Kjellberg, a corrupçom é umha quebra nas normas legais ou éticas non escritas relativas a como se debe exercer o servicio público. Esta disfuncionalidade ten o claro obxectivo de proporcionar servicios ou beneficios a certos grupos de poder de forma oculta, con vontade de ganancia directa ou indirecta. Sen embargo, a quebra destas […]

Nota pola orde de despejo do CSO Casa das Atochas

O anuncio da orde de despejo tomada polo julgado de instruiçom número 5 de A Corunha contra o CSO Casa das Atochas é sem dúvida umha pésima nova na agenda política da cidade. < Unha mala nova porque significa que pretendem que um processo colectivo e autogerido de máis de 3 anos de vida, no […]

Dereito á cidade: agresións ao territorio e cambio climático

‘Dereito a Cidade’ “Agresións ao territorio e cambio climático” Xoves 31 as 20:30 horas Organiza RDS (Rede Dereitos Sociais) http://rede.blogaliza.org/ Juan Ramón Vidal Romaní, Director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal (UDC) Lugar: CS Atreu! Travesia San Xosé 2, baixo. Monte Alto. Cando falamos de Dereito a Cidade pensamos nun marco social igualitario […]

Resumo da presentación “Desexo de cidade: Arquitecturas revolucionarias”

DesexoCidade

Politica municipal e movementos sociais

Desde múltiples eidos dos movementos sociais temos discutido abondo sobre a relación entre a política de movemento e a política representativa de partido. Non obstante, eses debates teñen sido xeralmente en abstracto e, en grande medida por iso, a miudo non teñen ido mais alá de repetir, de maneira un tanto circular, un pequeno grupo […]

Conclusións da xornada comunicacion e poder

Debate: Como axentes políticos de base, desde a RDS compartillamos a preocupación polas constantes agresións que o direito a libre información está a sofrer no panorama occidental. Desde o local ao global, asistimos a concentración do poder mediático baixo o paraguas dos intereses de grupos de poder económico/financieiros que tratan de alterar a percepción da […]

Desaloxo en Penamoa

Desde a RDS reproducimos, polo seu interese, un artigo de Juan Aradas [http://asfes.org/] a modo de réplica ao artigo publicado pola portavoz do PSdeG Mar Barcon, en referencia ao desaloxo do bairro de Penamoa: En relación ao artigo publicado por Mar Barcon o día 01 marzo de 2011 na sección de Praza Pública de La […]

Imaxes da presentación “Deseo de ciudad”

Comunicación e poder

‘Wikileaks? CableGate? SindeGate? Revoluçons telemáticas?… Que ten mudado o destape de secretos de Wikileaks na infoesfera? até onde cambian as cousas fenómenos como o cablegate? em que sentido modifica asrelacións entre estados? e as relacións entre gobernos e sociedades civis? como pode mudar a percepción cidadá da rede, do xornalismo, dos aparatos representativos? ….Lei Sinde, […]

Desexo de cidade

Presentación do libro ‘Deseo de ciudad; Arquitecturas revolucionarias” Falarán: * Cristina García-Rosales coordenadora do libro e participante de www.lamujerconstruye.org * Juan Freire autor de dous artigos www.nomada.blogs.com * Fernando Cabal editor www.fernandocabal.com Introducción e moderación por activistas da RDS. Debate: ‘A construcción cooperativa da cidade; a cidade por e para quen a habita’. Xoves 17 […]

A Cidade Invisible

Documento resumo do acontecido na xornada ao redor da participación cidadá e as politicas públicas na cidade esquecida, celebrado en Xaneiro na delegacion da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 110129_a Cidade Invisible organiza: desescribir, obradoiro de arquitectura e deseño colaboran: Arquitectos sen Fronteiras COAG delegacion coruña Rede de dereitos sociais

Obradoiro de autoconstrucion no Campanario

Durante os ultimos meses de 2010 o estudio desescribir dirixiu un obradoiro de autocontrucion no barrio do Campanario. Aqui deixamos o trailer do documentario xenerado. O Campanario (3’12”) from O Campanario on Vimeo. >documentario completo >entrevista a Ramón Pérez Basich >blogue do obradoiro

Arquitecturas colectivas

Video da presentación da RDS no terceiro encontro da rede de arquitecturas colectivas celebrado este verán en Pasaia. REDE DE DEREITOS SOCIAIS from Guillermo Cruz on Vimeo. info

Denuncia da situación do poblado de As Rañas

A RDS (Rede de Dereitos Sociais) apoia a denuncia elaborada por Arquitectos Sen Fronteiras na Corunha ante a insostíbel situación das persoas residentes en As Rañas. É xusto denunciar que o nefasto desenvolvemento dos acordos municipais de 2007 (no que estaba prevista a rehabilitación de 19 infravivendas, a urbanización da zona e a recuperación de […]

Obradoiro de autoconstrución no Campanario

Obradoiro de autoconstrucción realizado polos habitantes do barrio do Campanario, coa axuda de desescribir. O obradoiro está financiado polo fondo estatal de emprego e sostenibilidade local, e xestionado pola Concellería de Rehabilitación do Concello de A Coruña. A raíz dunha primeira intervención no barrio a concellería de Rehabilitación do Concello da Coruña encargoulle ao estudio […]