Xornadas Soberanías corpos e territorios (I)

Os vindeiros mércores e xoves 23 e 24 de outubro contaremos coa presencia de ÍÑIGO ERREJÓN e LEIL ZAHRA MORTADA, como parte das xornadas sobre soberanías e procesos de resistencia que iniciamos con eles:

Ambos eventos serán na CASA DA FARIÑA ás 20:30h.

Mércores 23: “Ú-la Soberanía Popular? Chaves para os procesos constituíntes”

ÍÑIGO ERRREJÓN: doutor e investigador en Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid e membro do consello executivo da fundación CEPS (Centro de Estudios Políticos y Sociales). Doutorado cunha tese sobre o proceso boliviano, o MAS e a construcción de hexemonía. Gran coñecedor dos procesos de cambio de Ecuador, Venezuela e Bolivia. Xunto con Alfredo Serrano editou o libro ¡Ahora es cuando, carajo! Del asalto a la transformación del estado en Bolivia (2011). Tamén é membro do consello editorial da revista de análise político Viento Sur. Realizou recentemente unha estadía de investigación de sete meses na Universidade Central de Venezuela.

XOVES 24: “Corpos en resistencia, identidades en (re)formación. Entre a revolución e a realidade”.

LEIL ZAHRA MORTADA: Feminista Queer e Anarquista, nacido en Líbano. Realizador do proxecto de video “Palabras de Mulleres da Revolución Exipcia”. Formou parte de varios colectivos de medios alternativos e grupos politicos en Líbano, Iraqe, Exipto e Estado Español. Durante casi 2 anos permaneceu en Exipto participando nas protestas e as acampadas, así como en varios colectivos e campañas políticas: membro fundador da “Operación Contra o Acoso/Asalto Sexual (OpAntiSH)”, membro da campaña “Non aos Xuizos Militares para Civiles”, membro do colectivo Mosireen.

Os comentarios están pechados.