Seminario de veran: Medios, comunicación e poder

Do 16 ao 19 de Setembro de 2013.

NORMAL Espazo de Intervención Cultural

Un dos elementos singularmente caracterizadores da época presente é a imbricada e poderosa relación que se da, na que hoxe damos en chamar Sociedade da Información, ao fio da tríada comunicación-medios-poder. A centralidade poĺitica e social e a complexidade do vínculo entre o que entendemos como Cuarto poder e os mecanismos de dominación e gobernanza vive un momento caracterizado polas profundas transformacións que acompañan a acelerada introducción na sociedade das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) coas Redes Sociais a cabeza. Ollando para as alteracións nos mecanismos de creación de hexemonía no imaxinario cultural e para as fendas que abre a viralidade da información en rede poderíamos preguntarmonos, vivimos unha época de cambios, ou un cambio de época? A este respeito, o desafio por identificar e comprender o alcance real das mutacións en curso no nexo entre comunicación e poder trae hoxe ao seu carón diversas disciplinas. Elementos que nacen na socioloxía, a pedagoxía, o xornalismo, a comunicación audiovisual, a ciencia politica, a filosofía, ou a filoloxía compoñen o calidoscópico crebacabezas que nos permite desentramar que elementos están en xogo baixo a binomio comunicación-poder.O noso obxectivo principal con este curso e dotármonos de nocións guia coas que desvelar cal poden ser hoxe as ferramentas precisas para a comprensión dos mecanismos de creación de consenso, disenso ou lexitimidade no universo da infoesfera e do sistema-mundo contemporáneo.

O próximo día 10 de septembro remata o prazo de inscripcción. Aqui podedes matricularvos.

Descarga programa aqui (pdf 1.8mb)

 

 

Os comentarios están pechados.