#29Mcoruna #PiqueteFolgaSocial

#29Mcoruna
“Nin reforma laboral nin precariedade social”
#PiqueteFolgaSocial
..veciñxs, migrantes, precarixs, estudantes.. …
23:30 en ATENTO
11:00 Central de NovaGaliciaBanco
14:00 Obelisco (xantar colectivo-trae o teu bocata) 16:00 * Asamblea aberta
* Piquete
dereito a vivenda, educación e sanidade públicas, contra o pago da débeda
ilexítima, por unha fiscalidade redistributiva, contra a destrucción do
público, contra o expolio do común #29Mcoruna #folgasocial
“O medo nunca conquistou dereitos. #29Mcoruna #folgasocial”

Dirixímonos a todas aquelas persoas que non están rexistradas nas estatísticas oficiais, pero que igualmente experimentan o pesadelo do paro. Dirixímonos á xente semi-empregada, a persoal de empresas de traballo temporal, a quen carece de seguridade social, a quen traballa con quendas flexibles, a quen non ten convenio colectivo, a quen ten contratos a destallo, a quen experimenta as ameazas do patrón, que se enfrontan ao perigo do despedimento e o paro. Dirixímonos a quen se ve na obriga de aceptar traballos sen cobrar coa esperanza dunha oportunidade de volver a traballar, a quen se lle nega a indemnización por despedimento debido á suposta “insolvencia” do empresariado, a traballadores e traballadoras que están en folga e levan a cabo ocupacións e mobilizacións para protexer os seus empregos e os seus dereitos. Tamén nos diriximos á xente que traballa na agricultura e gandeiría que están a ser aniquiladas, a profesionais individuais ou de micropemes que tiveron que pechar a causa do ataque dos monopolios e da liña política de austeridade contraria ao pobo que ataca ás familias obreiras e populares. Todos vós, así como toda persoa traballadora hoxe en día, entende mellor que esta “xungla” laboral é cada vez maior e estase a converter na norma xeral que, con maior ou menor rapidez o FMI, o gran capital, os seus gobernos e a UE tentan impor en todo centro de traballo. Por iso non hai tempo que perder.

Os comentarios están pechados.