Da indignación ao contrapoder?

Convocamos, o próximo xoves 22 de decembro ao encontro/debate con Carlos
Taibo baixo o título ‘Da indignación ao contrapoder?’ dentro do marco do
ciclo de debates,  “Retomar o público, defender o común”.

Da indignación ao contrapoder?

Palestra con Carlos Taibo
Xoves 22 de Decembro de 2011
20.30 horas
Galería Sargadelos, Rúa Real 56, A Coruña

Convoca:
Rede Robin Hood
Rede de Dereitos Sociais
Nomepisesofreghaoindignación
Zoopolitik

::Ciclo de debates::
“Retomar o público, defender o común”

Os movementos de indignación global percorren o planeta abrindo
siginificativas fendas no sistema. Fendas que repolitizan a vida pública e
abren espazos para a esperanza da rebeldía. Pero após meses de
mobilizacións e protestos, o contexto histórico que nos atopamos non deixa
momento algún para a paralise.

No plano da gobernanza e do poder político instucional, as violentas
sacudidas da crise están sendo aproveitadas para lexitimar un auténtico
golpe de estado planetario. As estructuras de xestión dos gobernos están a
ser usurpadas por poderes económicos situados entre as grandes
corporacións empresariais e as agencias de especulación financieira.

Atopamonos pois nun impás no que se torna preciso repensar as formas e os
lugares desde os que novos suxeitos indignados e os movementos políticos
de contestacion ao capitalismo poden artellar estratexias de conflicto
desde as que esixir demandas de transformación social real.

Poren, é preciso de unha forma máis urxente ainda, abrir momentos para a
discusión sobre como construir espazos propios onde poder satisfacer todas
estas demandas de unha forma non subsidiaria das estructuras de poder, de
xeito autónomo e liberado.

O desafío, non é sinxelo. Ante a destrucción do que é de todxs, do
público, ante a privatización de cada espazo de vida (educación, saúde,
cultura, afectos..) é preciso asumir a necesidade de poñer en marcha entre
todas experiencias colectivas non sóde defensa do público, senón de
empoderamento do común.

Os comentarios están pechados.