Encontro con Santiago Alba Rico

Conferencia/Encontro
Santiago Alba Rico

Mércores 26, 20:00
Galería Sargadelos, A Coruña.
Rúa Real nº 56

“As primaveras árabes como disparador”
‘Sociedades civis esixindo democracia’

Organiza:
BDS Galiza [www.bds-galiza.org]
FugaEmRede [www.fugaemrede.info]
Rede Robin Hood

En decembro de 2010 a inmolación de Mohamed Bouazizi foi o xesto
definitivo, o ‘basta xa!’ declinado de forma colectiva que lanzou a rúa a
miles de persoas na Tunisia demandando un cambio de réxime político e
social no pais do norte da África. O efecto dominó que tivo este xesto,
funcionou como catalizador das esixencias de transformacións sociais
progresivas e democráticas que puidemos ver e viver primeiro nos paises
árabes, despois na Europa e agora, após o 15O a semella que a escala
Global.
Un berro coral que está transformándose, tanto nos paises árabes como no
resto de xeografías planetarias, en vontade real de construir ferramentas
que posibiliten novas formas de democracia, de organización social.
De cara as institucións actuais, a esixencia de democracia real e de unha
mudanza radical do sistema político e social dominante son claras e
meridianas.
Máis complexas son as liñas de tensión de maior calado dentro dos propios
movementos sociais (movementos sociais diversos, 15M, etc..).
Probablemente unha domina as discusións presentes. A existente entre
quenes abogan por explorar novas vías de representación no marco da
política institucional e aqueles que dentro dos movementos con percorrido
ou de novo cuño, luitan por abrir espazos de Autonomía ao marxen do modelo de explotación capitalista e as súas institucións.

Santiago Alba, fará unha exposición sobre o como e o porqué das Primaveras
Árabes, cara a onde poden camiñar na altura, cal pode ser o seu futuro.
Haberá espazo tamén, sen dúvida, para ollar o presente do estado, do pais,
da cidade e preguntarnos cales poden ser os camiños aqui, para continuar
os movementos de demanda e transformación que nos últimos tempos todxs
damos en habitar.

Santiago Alba Rico, escritor, ensaísta, filósofo e activista político e
social.
Guionista de La Bola de Cristal, entre 1984 e 1988. Licenciado en
Filosofía na Universidad Complutense de Madrid. Con un longo percorrido
como intelectual comprometido coas transformacións sociais de progreso,
ten publicado numerosos libros sobre disciplinas como filosofía,
antropoloxía e política. Colabora como redactor en revistas e medios de
comunicación, como Público, Gara, Renderén, Archipiélago, Cuadernos de
crítica de la cultura, LDNM, Comité de Solidaridad con la Causa Árabe ou
Rebelión. Traduciu ao castelán autores en lingua árabe, como o poeta
exipcio Naguib Surur ou o escritor iraquí Mohamed Judayr.
Amplo coñecedor da realidade árabe, viviu moitos anos en Exipto e
actualmente reside en Tunisia desde onde participou activamente e analizou
o nacemento e evolución das chamadas ‘Primaveras árabes’.

Aqui vai, unha escolma de algunhas das súas publicacións:

El naufragio del hombre (2010, xunto a Carlos Fernández Liria).
Noticias (2010).
Capitalismo y nihilismo (2007).
Leer con niños (2007).
Medios violentos. Palabras e imágenes para la guerra (2007, xunto a
Pascual Serrano).
Vendrá la realidad y nos encontrará dormidos. Partes de guerra y prosas de
resistencia (2006).
Iraq, un cuento para niños (2002),e-book.
Torres más altas (2003).
El islam jacobino (2002), xunto a Mohammed Arkoun e Javier Barreda). ¡Viva
la CIA! ¡Viva la economía! (2003).
Crímenes de guerra (2003, xunto a Paz de Andrés Sáenz de Santamaría e
Javier Couso Permuy).
La Ciudad intangible (ensayo sobre el fin del neolítico) (2001).
¡Viva el mal! ¡Viva el capital! (2001).
El mundo incompleto. Un cuento sobre la creación y los autores (1999).
Las reglas del caos. Apuntes para una antropología del mercado (1995,
finalista do Premio Anagrama de ensaio).
Volver a pensar (1989, xunto a Carlos Fernández Liria).
Dejar de pensar (1986, xunto a Carlos Fernández Liria).

Participou no libro Washington contra el mundo (Foca, Madrid, 2003) e no
guión do documental Bagdad Rap (Arturo Cisneros, 2005).

Ligazón a súa columna diaria de verán no xornal Público.
http://blogs.publico.es/libre/author/salbarico/

Os comentarios están pechados.