Operacion Robin Hood

Quen pagará a factura de NCG? Nacionalización (e devaluación) nun 93%, directivos con retribucións millonarias, silencios elocuentes, antigos xestores en paradeiro descoñecido…

Atopamos a un deles! Semella experimentar arrepentimento. Jose Luis Mendez, (exdirector de Caixa Galicia) desfaise dos seus excedentes. Estas
son as súas palabras:

… “Queridos e queridas galegos e galegas. Por fin descubríchedes a miña sorpresa… Sí, realmente non quería quedar cos cartos que vos pertencen
para o meu uso privado senón recollelos, xuntalos e repartilos entre
todas vos. Este xoves é o día escollido… cada persoa que veña co seu
cazo recibirá cadansúa parte dos 12 millóns de euros que me levei.
Moitas grazas e non faltedes.”

Un dos popes da economía galega desfaise dos seus excedentes: máis de 12 millóns de euros a devolver a todxs xs galegxs.
O vindeiro xoves fundimos acción e retranca en homenaxe ás vacas sagradas
que nunca nos din adeus. Comeza a función!

Trae a túa cazerola, pode que che caia algo, senon… a facer ruido até que
caia!!!!
Xoves 13 de outubro.
20.00 horas
Praza de Lugo, A Coruña.

twitter: @RobinHoodOP
#OperaciónRobinHood
#oPorquiñoPoloQueVale!

Os comentarios están pechados.