15 Outubro

A Rede de Dereitos Sociais apoia as manifestacións globais do 15 de
outubro en demanda dun novo modelo económico, político e social. Desde a
RDS entendemos central aprofundar as transicións desde abaixo cara a
modelos de autoxestión e autonomía que camiñen ao marxe dun sistema
representativo obsoleto e esclerotizado, unha economía financiarizada que
nos arroxa ao desastre e, en definitiva, dun modo de mando capitalista
depredador e demostradamente inxusto e ineficaz.
Na cidade d’A Coruña o ponto de saída da mobilización será a Praza de
Pontevedra, ás 18:00 horas. Acude e difunde.

Os comentarios están pechados.