Xosé Allegue. Corrupción e Urbanismo

Dende o punto de vista dos feitos urbanos, a construcción de cidades e territorios máis libres e habitables distingue ás sociedades que identificamos como avanzadas nos momentos históricos onde a conciencia cívica e o compromiso social se incorporaron nelas como impulsores da súa mellora social. Cando a sociedade é participe da transformación do lugar no que se desenrola é posíbel acadar un espazo de convivencia, se a construción da cidade e do territorio se deixa en mans duns poucos, e si estes usana para beneficio propio, o resultado é a desaparición da conciencia cívica e a destrución do tecido social, o que acaba por reflectirse no desorde territorial e na segregación urbana.
Falar hoxe da corrupción que arrodea aos procesos de construción do territorio é falar do fin do urbanismo, porque as regras que o lexitiman deixan de basearse na integración territorial e na mellora da habitabilidade. Por iso, reflexións coma esta de Xosé Allegue son importantes para achegarnos ás causas dos trocos que estamos a vivir, e escomezar a pensar en propostas de rexeneración democrática que devolvan as cidades aos cidadáns.

Reproducimos o video da conferencia do arquitecto e profesor Xosé Allegue, do pasado 15 de Marzal:

CORRUPCION e URBANISMO. Conferencia-parte1 from edicions espontaneas on Vimeo.

CORRUPCION e URBANISMO. Conferencia-Parte2 from edicions espontaneas on Vimeo.

CORRUPCION e URBANISMO. Conferencia-Parte3 from edicions espontaneas on Vimeo.

fonte: edicións espontáneas

Os comentarios están pechados.