Politica municipal e movementos sociais

Desde múltiples eidos dos movementos sociais temos discutido abondo sobre a relación entre a política de movemento e a política representativa de partido. Non obstante, eses debates teñen sido xeralmente en abstracto e, en grande medida por iso, a miudo non teñen ido mais alá de repetir, de maneira un tanto circular, un pequeno grupo de ideas forza, a modo de postulados básicos.

Se cadra este pode ser un bó momento para ir alén diso. Non tanto para discutir perpetuamente o si ou o non da relación entre movementos e política institucional, senón para pensar o como. Un momento para imaxinar como a política de movemento pode evitar a sua desactivación institucional, como os movementos poden penetrar a lóxica representativa intentando profundizar a apropiación colectiva do poder institucional, como, en fin, desde os concellos poden facer-se apostas non só de defensa do público, senón do común.

Como un momento para ese debate colectivo, o venres 18, ás 20:00 h., nos xuntamos na Casa Museu Casares Quiroga, abrindo o diálogo con algunhas preguntas a Gemma Ubasart, autora do libro “Construint municipi des dels moviments socials” e a Xosé Manuel Carril, candidato nas vindeiras eleccións municipais na Coruña.

Os comentarios están pechados.