Conclusións da xornada comunicacion e poder

Debate:

Como axentes políticos de base, desde a RDS compartillamos a preocupación polas constantes agresións que o direito a libre información está a sofrer no panorama occidental. Desde o local ao global, asistimos a concentración do poder mediático baixo o paraguas dos intereses de grupos de poder económico/financieiros que tratan de alterar a percepción da realidade nas sociedades contemporáneas. Este novo modelo informativo de guerra cultural comunicativa trata de construir marcos conceptuais onde desde o prisma informativo hexemónico se manexan sempre elementos que tratan de mostrar como única vía posibel o mantemento do status quo de organización social capitalista.

Poren, non cabe dúvida de que o cenario informativo global ten mudado de forma radical após a irrupción da comunicación telemática xeralizada. Internet ten revolucionado as relación entre persoas. Pero tamén está conseguindo transformar as asimétricas relacións entre sociedades civis e poderes soberanos.

A este respecto, desde que o soldado raso Bradley Manning superou os sistemas de seguridade do Pentágono usando apenas un CD e un lápis de memoria e filtrou información clasificada ao portal Wikileaks, a percepción masiva da realidade se ten transformado nas nosas sociedades ampliándose o descrédito cara os estados e as súas axencias diplomáticas.

  • Vivemos unha completa erosion da lexitimidade dos grandes medios de comunicación baixo o dominio absoluto dos discursos sistémicos.
  • Dentro do abano de medios convencionais están a aparecer fisuras; novos medios profesionais con fundamentos de xornalismo independiente http://www.propublica.org/ http://periodismohumano.com/ …
  • É preciso profundizar as alternativas comunicativas que ofrece a revolución 2.0 e compoñer un novo universo mediático colaborativo máis plural, participativo e democrático.
  • É o tempo de experimentar e por en marcha novas formas de revolta e organización social non baseadas nun centro definido.
  • E necesario comezar a pensar en novas formas de soberanía local (Islandia?) e de democracia radical.

Analises e algumhas propostas ao respecto nos audios que atoparás aquí:

>Audio 1_Xose Manuel Pereiro comunicacion e poder 1/5

>Audio 2_Roberto Brenlla comunicacion e poder 2/5

>Audio 3_Filipe Diez comunicacion e poder 3/5

>Audio 4_debate comunicacion e poder 4/5

>Audio 5_debate comunicacion e poder 5/5

Os comentarios están pechados.