Desaloxo en Penamoa

Desde a RDS reproducimos, polo seu interese, un artigo de Juan Aradas [http://asfes.org/] a modo de réplica ao artigo publicado pola portavoz do PSdeG Mar Barcon, en referencia ao desaloxo do bairro de Penamoa:

En relación ao artigo publicado por Mar Barcon o día 01 marzo de 2011 na sección de Praza Pública de La Voz de Galicia titulado ‘Penamoa’:

Resulta conmovedor ver como os políticos tentan resolver os problemas que eles mesmos crearon, refírome a Penamoa.

Este “problema” creado polo Concello a principios dos anos oitenta alberga a coruñesxs que tamén foron desaloxados das súas chabolas, naquel momento para abrirlle o camiño ao Corte Inglés. Foi o propio concello quen creou este gueto, para que de forma provisional puideran aloxarse estes coruñeses, e construíu unhas cuadras con tabiquería de bloque como peche e placa de uralita como tellado. A cuadra contaba con unha soa división e tiña un inodoro e un lavabo; non se entendeu precisa nin unha cociña nin unha ducha, aínda que fose de auga fría xa que carecían de un aquecedor, e con uns servizos precarios de luz e auga.
Os resultados son por todos coñecidos, este tipo de prácticas leváronse a cabo tamén na Sudáfrica do apartheid con semellantes resultados.
En resposta a ‘oda’ de Mar Barcón a señora Longuiera e a súa equipa direi que algo debeuse de facer mal nesta cidadá, a que todxs queremos, cando temos máis cidadáns que viven en chabolas que o resto das seis grandes cidades da Galiza xuntas e cando aínda fican tantas cuestións sen aclarar: que pasará con este 80% de familias de Penamoa que habitan eses pisos ‘normalizados’ cando rematen as subvencións temporais ao aluguer; ou é que van ser eternas? cando no seu artigo alude a persoaxes pintorescos refírese ao arquitecto que fixo o deseño dos ‘exitosos’ módulos habitacionais instalados no poboado e que a día de hoxe non se sabe nin que misión tiñan, nin canto costaron, nin canto cobrou o arquitecto, nin se eran móbiles ou non, nin se eran alugados ou comprados ou en empréstimo?… Non confundamos o silencio co escurantismo.
Tampouco sabemos que clase de bula ten a concellaría de Servizos Sociais para deixar tirado os residuos de pracas de ‘uralita’ que conteñen amianto, material altamente canceríxeno, poñendo en grave perigo a saúde de todxs xs cidadáns que viven en Penamoa e na súa cercanía e que a concellaría de Medio Ambiente mire para un outro lado.
Outro día, se vostede quere, podemos falar sobre A Pasaxe onde estes coruñeses viven como animais ou do Portiño, onde a súa provisionalidade acercase aos cincuenta anos ou da As Rañas, onde o ‘equipazo’ de Servizos Sociais deu unha lección de como dilapidar fondos públicos.
Un saúdo,
Juan Aradas

fotos : la opinion

Os comentarios están pechados.