Cartografia Critica
Este mapa é o produto dun traballo colectivo en construción permanente, que emana do proceso chamado Rede de Direitos Sociais (RDS) que xurde na cidade de A coruña e comarca, coma un espazo común de colectivos, asociacións e persoas que, dende a autonomía, queremos incidir nos múltiplos aspectos da precariedade presente nas nosas vidas e traballando dende tres eixos: xénero, migración e territorio.
Temos como obxectivo intervir na nosa cotidianidade dende a observación, o pensamento crítico e o plantexamento de alternativas có obxetivo de acadar cotas de intervención e participación que superen os estándares da administración pública e organismos privados, na procura dun entorno territorial consciente e autoxestionado polas persoas que o habitan. Cremos que esta cartografía aporta novas posibilidades de comprensión do feito urbano; ter outros mecanismos de lectura dos múltiples procesos sociais que se solapan na cidade tamén implica unha nova lectura dos nosos propios modos de vida e isto, en si mesmo, xa é incidir nos procesos de creación de cidade. Ser cidadás críticas e conscientes da cidade que habitamos fainos máis participes dos diferentes procesos (sociais, urbanísticos…) que nela se desenvolven.
Esta cartografía é a primeira versión dun traballo que precisa de todas as persoas que queiramos facelo noso: se queres participar, ponte en contacto con nós ou en calquera dos espazos que participan na rede de cara a elaboración deste documento vivo en permanente construción. Cartografiar a nosa terra, costumes, empregos e formas de subsistencia, o noso lecer… é un primeiro paso para a toma de conciencia e para intervir no presente de cara á creación do noso propio futuro.


A miña mesaxe anterior non é un comentario, evidentemente senon unha consulta que non é para publicala,.
É que na páxina non ai datos de contacto convoscos…
Gracinhas
Creo que como base de este proxecto, sería interesante ter unha boa base cartográfica pública e libre. Esto redundaría nesta iniciativa e en moitas outras. Se cadra OpenStreetMap [1] e un bo punto para colaborar.
http://wiki.openstreetmap.org/wiki/Main_Page
[...] Otra Málaga por Sabina Habegger, distorsiones en torno a lo público y privado, con Ergoesfera Cartografía crítica de A Coruña, por Rede de Dereitos Sociais Live GPS mapping & Art projects con Jen Southern, in the air con [...]