Campaña polos dereitos das empregadas do fogar (manifesto)

Hoxe saimos á rúa para mostrar unha realidade que está aí, moi perto, nas nosas casas, e que parece que non vemos…

Cada vez as mulheres temos máis traballo e menos emprego, cada vez somos menos as que vivimos en tempo real e máis as que vivimos en tempo capitalista e nos vemos na obriga de mercar tempo e vidas alleas para poder continuar gañándolle a batalla ao reloxio do capital, para sacarlle horas ao día, para roubarlle 1 volta ao sol, Tempo!, tempo! Non temos tempo!!

Cada vez somos máis as persoas que non temos tempo para coidar das nosas crianzas e dos nosos vellos e vellas,
Cada vez somos máis as persoas que non temos tempo para limpar a nosa propia merda, …
Cada vez somos máis as que menos ….. TODO!

Acción de Nomepisesofreghao no centro comercial Catro Camiños
Imaxina, por un intre, que a escravitude non existe, (sabendo que é moito imaxinar),

Imaxina entón que ser empregada do fogar é un emprego coma outro , Imaxina que fose un traballo digno e entón:

  • As empregadas de fogar non serían só mulleres

Imaxina que fose un traballo verdadeiro (non de verdade, o que xa é) e entón:

  • o 100% das empregadas teríamos un contrato en regra, réxime de cotización xeral, non especial (que ven significando miserento), cobertura por enfermidade ou invalidez, dereito a sindicarnos, a vacacións, a prestacións, en fin, dereitos laborais, qué menos!

Imaxina que fose un traballo e non PURA ESCRAVITUDE e entón:

  • o traballo sería concreto e único, se é limpeza: limpar, se é cociña:cociñar, se é coidar: coidar, pero non de todo un pouco sen que se aprecie absolutamente nada.

Imaxina que fose un traballo valorado e entón:

  • as horas de presenza no traballo contabilizaríanse como horas traballadas e non coma tempo que se bota ao lixo

Imaxina que fose exactamente iso, un traballo dignificado:

  • as humillacións, insultos, acosos sexuais e vexacións non estarían á orde do día (pero qué difícil é tratar por igual a quen traballa para facer o que ti non fas non?)

Imaxina que fose un traballo xusto e entón:

  • viver na casa dos teus xefes contemplaríase coma un plus altamente cuantificado, a semellanza de traballar por turnos ou, millor, con “materias perigosas”, pola perda de calidade de vida (ou por ausencia da mesma) que iso conleva, imaxinas como sería para ti viver na casa dos teus xefes? pois proba!

Imaxina, en definitiva, que a escravitude fose abolida

NON MÁIS ESCRAVAS SOCIAIS! NON MÁIS ESCRAVAS LABORAIS!
DEREITOS LABORAIS XA!

One ResponseCampaña polos dereitos das empregadas do fogar (manifesto) to “”

  1. Xose

    Imaxes da accion o 7 de Marzo de 2009

    http://fotograccion.ourproject.org/index.php/2009/03/fotos-accion-de-nomepisesofreghao-en-galiza/