Creando rede na cidade d’A Coruña

A Rede de Dereitos Sociais (RDS) é un proceso de traballo colectivo baseado na necesidade xurdida do aprendemento continuo en torno a diferentes eixos de traballo.

Desde diferentes espazos, colectivos e individualidades existe unha necesidade de mirar cara o noso redor e ver o que temos, o que estamos facendo e, sobre todo, o que podemos facer si traballamos en rede. O xerme da RDS foron xuntanzas de persoas que bebemos de experiencias propias e alleas pero que precisabamos adaptalas á nosa realidade actual, tempos de crise, de precariedade, nunha cidade na que é difícil observar a incidencia de todo isto porque non se deixa ver con facilidade, que nos deslumbra con grandes pantallas de benestar. Obviamente os obxectivos da RDS pasan por favorecer que se visualice esa outra realidade, a das persoas migrantes, a das mulleres, a dos bairros que sofren a pegada da especulación ao mais alto nivel.

Por eso a RDS comezou a súa andadura a través de tres eixos: migración, xénero e territorio, aplicando o principio de transversalidade entre os tres, tendo presente a autoformación como camiño para alcanzar a rúa e visibilizar necesidades, carencias e novos xeitos de plantexar a transformación social no noso territorio.

A RDS polo tanto en un proceso aberto e en continua construcción no que xa se están a producir traballos colectivos.

O arranque da Rede tivo o seu momento de presentación e converxencia en xaneiro de 2009 nunhas xornadas de traballo nas que cada un dos eixos fixeron unha presentación da intencionalidade e obxectivos iniciales que non eran mais que mostrar os éxitos do traballo en rede vividos por diferentes movementos do país, estimulando así o desexo de conformar novas forzas de traballo no territorio. A segunda parte das xornadas de presentación da rede foron en forma de grupos de traballo, nos que se valoraron das Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades do proxecto que tíñamos entre mans. Asistiron individulaidades e colectivos e individualidades de colectivos que plasmaron intereses e actitudes nas que maioritariamente conincidíamos ou buscabamos coincidir, as diverxencias se manteñen alén da RDS no traballo que cada unha facemos ao marxe, mantendo este espazo como o de reforzar uns mínimos comúns.

A raiz desas xornadas de traballo se comezou a traballar en cada un dos eixos, a diferentes ritmos, e a partir de aqui se poderán seguir os resultados, a actividade, así como incorporarse ao proceso cando cada quen quera facelo.

Criando redes,construindo dereitos!!

Os comentarios están pechados.