Dereito a cidade

Esiximos o Dereito a cidade!

“O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica”

Persoas individuais, colectivos culturais e sociais, asociacións veciñais e diversos espazos da sociedade civil coruñesa queremos manifestar a nosa disconformidade rotunda, ante a aprobación inicial (unilateralmente acordada desde o concello da Coruña incluso co informe desfavorable da XUNTA) dun PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), que se materializaría na formulación dun modelo de cidade insostible, laboral, ecolóxica e socialmente falando.

Expresamos a nosa disconformidade en forma de esixencia do Dereito á Cidade. Unha cidade, a de todas e todos,  necesitada de procesos de diálogo social real, recibe un plan xeral inconcreto, escuro, dificilmente comprensible e contrariamente do que se quere facer ver, cun elevado déficit no que a participación e debate cidadán se refire.

A exclusiva presenza de administracións-partidos e centros de decisión económicos privados (lobbies económicos e grande empresariado da cidade) marca a ausencia dunha formulación dialogante e participativa cunha sociedade civil activa e recoñecible (asociacións culturais e sociais, agrupacións de profesionais, asociacións veciñais, colectivos de  base,..) non tida en conta e francamente ausente do proceso de creación deste importantísimo plan de ordenación  municipal. Un PXOM que demarca as liñas que dentro do termo “modelo de cidade” marcarán o futuro social,  económico, cultural e ambiental da cidade. Grazas ao que lemos neste PXOM o futuro desta cidade semella   inconsciente e francamente en suspenso.

Que modelo produtivo (económico) impón o PXOM?

O modelo de cidade terciaria que pretende, fala dun esquema insostible e irreal laboralmente falando, no que se  substitúe un sistema produtivo máis heteroxéneo e diversificado por outro baseado en dous eixos de elevado custo  ambiental e difícil consolidación económico-produtiva.

Primeiro, un ilóxico tecido de grandes superficies comerciais que socavan o pequeno e mediano comercio ,entregando ás traballadoras e traballadores a elevadas doses de precariedade laboral e impoñendo á cidadanía un modelo de   consumo irracional moi por riba das demandas actuais e futuras da área metropolitana.

Segundo, un porto exterior (sobre o que pivotaría segundo o PXOM e o seu autor, Joan Busquets o tecido industrial e o futuro económico da cidade) tecnicamente cuestionado por persoal experto, administracións e cidadanía, sen uns orzamentos rigorosos e realistas, e dependente do proceso especulativo da venda dos peiraos do porto industrial actual; unha venda bloqueada polo estoupido da burbulla inmobiliaria nunha cidade onde o 15% das vivendas están actualmente baleiras.

Que modelo urbano (ambiental, territorial, social..) impón o PXOM?

O PXOM fala de “restablecer a relación co medio natural” algo que vai en clara confrontación coas directrices marcadas en relación á creación de novos recheos, megainfraestruturas, ou novos polígonos industriais e residenciais.

As grandes bolsas de zonas verdes nomeadas polo Plan dependen en gran medida de concellos limítrofes, algúns dos cales xa manifestaron a súa indispoñibilidade ante as intencións do municipio capitalino.

Tamén podemos afirmar que o que se supón un dos seus eixos centrais (a creación de vivendas de protección) é fume co que tratar de lexitimar e dar un marco institucional ao proceso de formalización de polígonos urbanizables (e Convenios de última hora e dubidosa formulación) onde a especulación e a xentrificación con actores privados serán o principal elemento urbanizador dunha cidade xa tremendamente densificada.

Por outra banda, unhas infraestruturas que na realidade violentan a cidade peonil (fraccionándoa con autoestradas como a terceira rolda que a illan fisicamente) para dotar principalmente de comunicación a empresas privadas (radicadas esencialmente en grandes centros comerciais e polígonos industriais de futura construción) e apoiar un modelo de transporte onde, de seguirmos co sistema de mobilidade en uso non solucionaremos os problemas de saturación automobilística. Deberíase solucionar as carencias dunha área metropolitana sen alternativas reais de transporte público, e con hexemonía absoluta e dependencia total do vehículo particular co custo de tempo,  económico, e ambiental que isto require.

Outra carencia do PXOM é o tratamento ineficiente ou vago do tecido rural; a única alternativa para os núcleos rurais existentes no termo municipal é a de ser fagocitados polo tecido urbano, sen posibilidade de hibridación e enriquecemento mutuo. No mellor dos casos vemos unha conservación dos núcleos tradicionais en tanto elementos históricos, mais destrúese ou ignórase o territorio que lles dá sentido. Por si mesmo ese territorio ten un valor cultural e ecolóxico, en tanto que son territorios sustentables sempre que se potencie, entre outros, o seu uso primario que agora está en decadencia tanto pola dificultade para poder vivir do cultivo destas terras como pola especulación do que é obxeto.

Por último, falamos dun documento que segue sen abordar a solución que dende as políticas sociais, merecen os mal chamados asentamentos marxinais, e as persoas que os habitan.

En definitiva, a cidadanía da Coruña, activa e propositiva, esiximos participar no modelo concreto (rúas, barrios, comunidades…) e xeral de cidade.

Esiximos cauces democráticos de debate participativo sobre como queremos construír o noso ecosistema urbano porque buscamos ter a oportunidade de facer desta cidade un territorio realmente habitable, sustentable e tolerante.

Esixímolo Aquí e Agora.

http://dereitoacidade.blogaliza.org/

manifesto

Presentacion RDS en Xixón


Todas as conferencias aqui

Meipi

Co gallo de facilitala participación do proceso reflexivo, crítico e propositivo da cartografía, abrimos un mapa colaborativo onde podes deixar a túa opinión sobre a cidade.

O proceso é sinxelo, baixo un título redactas un artigo breve que podes acompañar cunha foto ou video, e referenciala cun punto da cidade.

Os pasos son os seguintes:
1-.Clicar no canto inferior dereito, no logo de meipi
2-.Entrar como
usuario: convidado
contrasinal: convidado
3-.Engadir entrada
Con o seu titulo
a sua descripción
podes engadir algunha imaxe ou video
ubicalo dentro das catro categorías [Territorio-Migración-Xénero-RDS]
sinalalo no mapa

grazas por colaborar!

Issuu – Encontro Internacional Cartografía Cidadá

Encontro Internacional Cartografia Cidadá

Este verán tivo lugar durante tres dias o 1º Encontro Internacional de Cartografia Cidadan. Foi en Xixón onde se xuntaron diversos investigadores, arquitectos, xeógrafos, activistas, xornalistas, informáticos, etc para compartir experiencias sobre os procesos de cartografia social.

IMG_9623

Reflexionouse sobre aspectos comuns dos procesos cartográficos.
A importancia da participación colectiva, de criazon de redes e vias de comunicación, de procurar métodos para poder traballar en proxectos afins.
Autonomía, o empoderamento cidadán como unha das base do proceso creativo da producción de varias subxetividades. Ación de transformación orixinada na poboación e procesada en laboratorios (centros sociais, encontros, etc).
Emprego de ferramentas, metodoloxias de traballo para captar o qué, cómo e para qué cartografiar. Derivas e workshops como exemplo de técnicas de relación entre corpos e espazos. Aplicacións informáticas en uso (wikis, gps, ..) e propias en proceso. Feedback, retorno-devolución da información.

Alén dos aspectos comuns e positivos, tamén se trataron preocupacións e aspectos a mellorar, como a dificuldade de difusión e financiación, o numero de participantes, a pasividade dalguns ámbitos (académico) e a busqueda de ferramentas informáticas que faciliten os procesos.

Presentaronse un grande número de proxectos, cartografias e investigacións. Durante o encontro todos tivemos ocasión de compartir opinións e aprender dos demais. Sairon varias propostas de traballo común, compartir unha base de datos dixitais, elaboración dunha publicación, definir Cartografia Ciudadana, montar unha Cartopedia, e repetir o Encontro bianualmente.

0907_Gijón 0110907_Gijón 018

mais información:

http://cartografiaciudadana.net/index.php/Portada

http://www.flickr.com/groups/cartografiaciudadana/pool/

http://rede.blogaliza.org/sobre/descarga-de-documentos/

eicc_rds

Corunha:: Solidarias com CANGAS:: Concentraçom amanha Martes 20.30

“PORTOS destrue a costa, PORTOS reprime em Cangas”
Governe quem governe, Cangas, Corunha, Galiza nom se vende!!!

Martes 21 as 20.30 na Autoridade Portuaria da Corunha.

Ante a agressom ao territorio que vive Cangas, ante a destruiçom do litoral, e ante as 16 violentas detençons de hoje luns, convoca-se em rêgime de autoconvocatoria, umha movilizaçom amanha as 20.30 diante da Autoridade Portuaria da Corunha (na avenida da Marinha).
masso3
http://galiza.indymedia.org/gz/2009/07/20453.shtml

http://galiza.indymedia.org/gz/2009/07/20456.shtml

http://www.vieiros.com/nova/75545/dezaseis-persoas-detidas-en-cangas-nas-protestas-contra-as-obras-do-porto-deportivo

http://www.ceivar.org/principal.php?pagina=nova&id=1219

http://www.ceivar.org/principal.php?pagina=nova&id=1219

masso1 masso2

Solidariedade activa com a defessa da terra!!!

PASSA-O!!
PASSA-TE!!
Governe quem governe, Cangas, Corunha, Galiza nom se vende!!!

Encontro Internacional Cartografia Cidadana

encuentro-internacional-cartografia-ciudadana_cartel

Os mapas son ferramentas imprescindibeis para transforma-la realidade. Nos últimos anos Internet e as tecnoloxías da información tiveron un enorme impacto na cartografía. Grazas ós novos métodos dixitais de representación e redes de intercambio colaborativo os ciudadans constrúen as suas representacions da realidade respecto a numerosas fontes de información e intereses.

O encontro internacional de Cartografía Ciudadana reunirá en Xixón a unha ampla rede de investigadores e axentes activos entre arquitectos, urbanistas, artistas, xeógrafos e programadores. A metodoloxía consistirá en presentacions teóricas e sesions de traballo abertas ó público.

OBXETIVOS

1. Reunir nun mesmo lugar e por primeira vez ó maior número posibel de investigadores e axentes activos na cartografía cidadana, de maneira que o encontro sirva para texer rede e coordinar axendas e desenrolos compartidos para os próximos anos.

2. Producir un arquivo público en video e hipertexto dalgunhas das experiencias e ferramentas de cartografía cidadana máis relevantes.

3. Combinar esforzos e recursos para o desenrolo dun proxecto converxente de software libre de cartografía cidadana.

4. Dar empurre ó proxecto rexional xa en marcha de cartografía cidadana Mapeando Asturias e a sua guía educativa relacionada.

5. Conceptualizar de maneira colectiva e redactar o artigo sobre “cartografía ciudadana” para as versións de wikipedia en español e en inglés.

do 30 de xulio ó 1 de agosto de 2009 no Paraninfo de la Ciudad de la Cultura e LABcafé en LABoral Centro de Arte, Xixón

PARTICIPANTES

Juan Freire (blog Nómada y Universidad de Biología, A Coruña)

José Pérez de Lama (hackitectura.net, Universidad de Arquitectura de Sevilla)

Eduardo Serrano, Ana Méndez, Sabina Habegger (Colectivo Cartac, Málaga – Madrid)

Nancy Hamad y Mansour Azziz (Solidarity Maps, Líbano – Palestina)

Ivan Sanchez Ortega (OpenStreetMap.org, Madrid)

Doménico di Siena, Alfonso Sánchez et all (Meipi.org, Madrid)

Benjamin Cadon (Metcarte y LABomedia.net, Orleans, Francia)

Fabien Girardin (Lift lab, Switzerland)

Vahida Ramudjik (Colectivo Rotorr, Belgrado – Barcelona)

Sergio Palacio (Mapastur y Asociación partycipa, Asturies)

Ergosfera (cafes para llevar y otros experimentos primitivos del espacio global)

Rede de Dereitos Sociais

Wiki

Cartografia Critica

Este mapa é o produto dun traballo colectivo en construción permanente, que emana do proceso chamado Rede de Direitos Sociais (RDS) que xurde na cidade de A coruña e comarca, coma un espazo común de colectivos, asociacións e persoas que, dende a autonomía, queremos incidir nos múltiplos aspectos da precariedade presente nas nosas vidas e traballando dende tres eixos: xénero, migración e territorio.
Temos como obxectivo intervir na nosa cotidianidade dende a observación, o pensamento crítico e o plantexamento de alternativas có obxetivo de acadar cotas de intervención e participación que superen os estándares da administración pública e organismos privados, na procura dun entorno territorial consciente e autoxestionado polas persoas que o habitan. Cremos que esta cartografía aporta novas posibilidades de comprensión do feito urbano; ter outros mecanismos de lectura dos múltiples procesos sociais que se solapan na cidade tamén implica unha nova lectura dos nosos propios modos de vida e isto, en si mesmo, xa é incidir nos procesos de creación de cidade. Ser cidadás críticas e conscientes da cidade que habitamos fainos máis participes dos diferentes procesos (sociais, urbanísticos…) que nela se desenvolven.

rds_cartografia-critica

Esta cartografía é a primeira versión dun traballo que precisa de todas as persoas que queiramos facelo noso: se queres participar, ponte en contacto con nós ou en calquera dos espazos que participan na rede de cara a elaboración deste documento vivo en permanente construción. Cartografiar a nosa terra, costumes, empregos e formas de subsistencia, o noso lecer… é un primeiro paso para a toma de conciencia e para intervir no presente de cara á creación do noso propio futuro.

rds_cartografia-critica_trasdos

cartografia critica en meipi

Guia de dereitos

Esta guía é o resultado do traballo colectivo levado a cabo pola Rede de Dereitos Sociais de A Corunha, proceso no que llevamos traballando uns meses a través de diferentes eixos.

O eixo migración pretende apoiar a todas aquelas persoas que teñen os seus dereitos reducidos. Persoas que circulan polo mundo en busca dunha vida millor e aos que as fronteiras someten tralas reixas do sistema.

Como primeira producción deixamos nas vosas mans esta guía coa que pretendemos socializar un coñecemento sobre a defensa dos dereitos das persoas, esperamos que sexa útil e pretendemos seguir traballando nesta liña, para iso lembra que podes preguntar pola RDS no Centro Social Atreu!
T San Xosé, 2-baixo.

descargar_guia_

Este sábado 30 de maio Xornada formativa do Eixo Migración

Co título “Realidades MIGRANTES e luitas por DEREITOS” participarán, a partir das 16:00h no Centro Social Atreu:

* Cristina Fernández Bessa: co-autora de “Frontera Sur”, avogada/investigadora e activista do “Espai Per a la Desobediencia a les Fronteres”

* Eduardo Romero: autor de “A la vuelta de la esquina. Relatos de racismo y represión”  e activista do L.S. Cambalache (Asturies)

* David San Martín: activista e investigador. Trabalha sobre a ”Agencia Europeia de Fronteiras Exteriores” e o Programa de control FRONTEX